Xoán Bernárdez Vilar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán Bernárdez Vilar (Marín, 5 de abril de 1936) é un escritor, historiador e ensaísta galego.
Índice |
[editar] Biografía
Nacido en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo, onde fai o Bacharelato. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da "Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo", hoxe Caixanova.
Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da Guerra Civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo.
Foi asesor histórico da serie da TVG "Terras de Merlín", e publica en múltiples revistas como a do "Instituto de Estudos Miñoranos", Encrucillada, Agalia, etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, e latín. Actualmente traballa na súa Tese de Doutoramento sobre a Ora Maritima. Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega.
[editar] Obras Principais
[editar] Narrativa
- Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976 (Premio do "Padroado da Cultura Galega de Montevideo").
- ¡Ouveade, naves de Tarsish, 1983. (Novela histórica).
- Homo sapiens, 1984 (accésit do "Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro").
- Vento do norte, Vento do sul, 1985 (Premio "Casa Galicia de León")
- No ano do cometa, 1986 (Premio Xerais).
- ¡Xerusalén, Xerusalén!..., 1992 (Novela histórica).
- Big-Bang, 1996 (Ciencia Ficción. Premio "Concello de Vilalba").
- A saga da illa sen noite, 2001 (Relato histórico. Premio "Concello de Vilalba") (Tradución ao castelán: Saga de la isla sin noche, no 2004).
[editar] Ensaio histórico
- Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990 (Premio de Investigación da "Universidade de Santiago de Compostela").
- Egipto, a viagem perdida de Egéria, 1990.
- O incógnito monte Zephiro da "Ora Maritima", 1991.
- O descobridor que chegou do frío. A viagem de Cristóvao Colombo a Thule, 1992.
- A expediçom luso-dinamarquesa ao noroeste atlántico: alcançárom América os Portugueses antes do que Colom?, 1997.
- Nada novo debaixo do sol: A legitimaçom do poder atravês da arte na Roma de Augusto, 1999.
- Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001 (Tesiña de Licenciatura en "Xeografía, Arte e Historia" na Universidade de Vigo).
- A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001.
- A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile, 2003 (Premio "Taboada Chivite do Concello de Verín").
- O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma, 2003 (Premio de "Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia", e finalista do Premio "Antonio Fraguas" do Concello de Cotobade). (Tradución ao castelán: El inicio de nuestra Edad Media. La Gallaecia que se emancipó de Roma, no 2004).
- A cuestión da celtidade de Galicia, 2003.
- Os Olhos da História. A Cartografía, dos seus inícios ás decisivas contribuiçoes do português "Planisferio Cantino", de 1502", 2003.
- Consideracións acerca de Baiona e do Rei Afonso, 2003.
- A "Carta de París", considerada como de Cristóbal Colón, 2004.
- O rei Artur: Mito e realidade, 2005 (finalista Premio "Ramón Piñeiro" da Editorial Galaxia).
- O Val Miñor na "Ora Maritima" de Rufius Festus Avienus, 2007.
[editar] Ensaio
- Pesquisas nas origens do mito de Tristám e Iseu, 1986.
- Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000.
[editar] Teatro
- O valedor do reino, 2002 (Premio de teatro da "Universidade de Vigo")
[editar] Traducións
- Chronica Hermerici, 2004 (tradución do latín. Premio de tradución da "Universidade de Vigo").
- Idacio Lémico: Chronica (379-469), 2004. (Premio "Ramón Piñeiro" de Santiago de Compostela).

