Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Isto é unha política oficial da Galipedia.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar
que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Atallo:
WP:AS


Esta páxina en resumo: Asine as súas intervencións nas páxinas de conversa

Forma parte da etiqueta da Wikipedia asinar os seus comentarios nas páxinas de conversa. Isto é un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.

Índice

[editar] Opcións de sinatura

Dado que é necesario asinar as mensaxes, os creadores da Wikipedia idearon un sistema sinxelo para facelo. Para asinar automaticamente os seus comentarios coa data e a sinatura, engada catro tiles (~~~~) ao final da mensaxe, ou tres (~~~) para engadir só o nome de usuario, aínda que en xeral prefírese que se use o formato completo de catro tiles.

Aquí hai unha listaxe de opcións de sinatura:

O que vostede teclea O que o sistema almacena O que a páxina amosa
~~~ [[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]] Kingturtle
~~~~ [[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]] 04:40, 10 Mar 2004 (UTC) Kingturtle 04:40, 10 Mar 2004 (UTC)
~~~~~ 04:40, 10 Mar 2004 (UTC) 04:40, 10 Mar 2004 (UTC)

Se vostede escolle a opción de contribuír á Wikipedia sen rexistrarse, os tiles convértense no seu enderezo IP na sinatura. (Estar rexistrado resulta máis anónimo, téñao en conta se vostede está preocupado por cuestións relacionadas coa privacidade; de todos os xeitos o enderezo IP queda rexistrado no historial da páxina).

[editar] Preferencias da sinatura

Os usuarios rexistrados poden acceder ás preferencias e cambiar o campo O teu alcume (para sinaturas) para personalizar a sinatura. Vexa como facelo nas preferencias de usuario.

[editar] Restricións ás sinaturas

[editar] Contido

  • A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de conversa do mesmo se así o prefire.
  • En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usario da Wikipedia.
  • Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.

[editar] Tamaño da fonte

  • En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto da Galipedia.
  • Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.

[editar] Cores

  • Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.

[editar] Imaxes

  • Permítese o uso dun máximo dunha imaxe na sinatura, sempre e cando a mesma cumpra o expresado na Política de uso de imaxes.
  • O tamaño da imaxe empregada na sinatura estará limitado a 20 píxeles.

[editar] Véxase tamén


Frecha. Voltar a Wikipedia:Axuda.

Ferramentas persoais