Universidade da Coruña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Universidade da Coruña | |
|---|---|
| Datos | |
| Fundación | 1989 [1] |
| Localización | A Coruña (España) |
| Estudantes | 21168 de 1.º e 2.º ciclo (curso 2006-2007) 768 de 3.º ciclo |
| Reitor | José María Barja |
| Enderezo | Rúa Maestranza, s/n 15001 A Coruña España |
| Teléfono | (+34) 981 167 000 |
| Páxina web | http://www.udc.es/ |
A Universidade da Coruña conta con campus nas cidades de A Coruña e Ferrol.
Actualmente conta, entre outras, coas carreiras de: Arquitectura, Bioloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Filoloxía, Ciencias da Educación, Enxeñaría en Informática, Filoloxía, Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos Química e Socioloxía.
En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.
O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.
Índice |
[editar] Titulacións oficiais
[editar] Ciencias da Saúde
- Diplomado en Enfermería.
- Diplomado en Fisioterapia.
- Diplomado en Podoloxía.
- Diplomado en Terapia Ocupacional
[editar] Ciencias Experimentais
- Licenciado en Bioloxía.
- Licenciado en Química.
[editar] Humanidades
- Licenciado en Filoloxía Galega
- Licenciado en Filoloxía Hispánica
- Licenciado en Filoloxía Inglesa
- Licenciado en Humanidades.
- Licenciado en Documentación
- Diplomado en Biblioteconomía e Documentación
[editar] Ensinos Técnicos
- Arquitecto
- Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos
- Enxeñeiro en Informática (Enxeñeiro en Informática
- Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas (Técnico en Informática de Sistemas
- Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión (Técnico en Informática de Xestión
- Enxeñeiro Industrial
- Enxeñeiro Naval e Oceánico
- Licenciado en Máquinas Navais
- Licenciado en Náutica e Transporte Marítimo
- Arquitecto Técnico en Execución de Obras
- Diplomado en Máquinas Navais
- Diplomado en Navegación Marítima
- Enxeñeiro Técnico Obras Públicas - Especialidade en Construcións Civís
- Enxeñeiro Técnico Industrial - Especialidade en Electricidade
- Enxeñeiro Técnico Industrial - Especialidade en Electrónica Industrial
- Enxeñeiro Técnico Naval - Especialidade en Estruturas Mariñas
- Enxeñeiro Técnico Naval - Especialidade en Propulsión e Servizos do Buque
- Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial
[editar] Ciencias Sociais e Xurídicas
- Licenciado en Administración e Dirección de Empresas
- Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
- Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais
- Licenciado en Comunicación Audiovisual
- Licenciado en Dereito
- Licenciado en Dereito e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas (Dobre Titulación)
- Licenciado en Economía.
- Licenciado en Psicopedagoxía.
- Licenciado en Socioloxía.
- Diplomado en Ciencias Empresariais
- Diplomado en Educación Social
- Diplomado en Logopedia.
- Diplomado en Relacións Laborais
- Diplomado en Turismo
- Mestre - Especialidade en Audición e Linguaxe
- Mestre - Especialidade en Educación Física
- Mestre - Especialidade en Educación Infantil
- Mestre - Especialidade en Educación Primaria
[editar] Antigos alumnos célebres
- Pendente

