Ramón Villares

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Ramón Villares Paz)

Ramón Villares Paz (Cazás, Xermade, 1951) é doutor en Historia desde 1980 e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987. É autor de máis de setenta publicacións.

Tamén foi editor de libros como "Donos de seu", Sotelo Blanco Edicións, Barcelona, 1988 e de "Señores y campesinos en la Península Ibérica, siglos XVIII-XX", Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona, 1991 (en colaboración con Pegerto Saavedra).

Decano da Faculdade de Xeografía e Historia (1986 - 1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea, na actualidade é director en Galicia da UIMP (dende 1998).


Predecesor:
Carlos Pajares Vales
reitor da Univ. de Santiago
1990 - 1994
Sucesor:
Darío Villanueva Prieto

Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M.Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México) e Estudios Migratorios.

O 20 de abril de 2006 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega.


Predecesor:
Alfonso Zulueta de Haz
presidente do Consello da Cultura Galega
2006 -
Sucesor:
no cargo

[editar] Obras

[editar] Referencias externas

Ferramentas persoais
Outras linguas