Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño nace no ano 2000 a iniciativa da Asociación Cultural Ergueitos, co patrocinio do concello de Sarria, como homenaxe ao poeta de Lóuzara Fiz Vergara Vilariño.
[editar] Gañadores
- 2008: Olalla Cociña, Libro de Alicia.
- 2007: Xosé Antonio Neira Cruz, É oco habitado.
- 2006: Martín Veiga, Fundaxes.
- 2005: Emma Pedreira, Casa de orfas.
- 2004: Miguel Mato Fondo, O whiskey na barrica
- 2003: Estevo Creus, Decrúa.
- 2002: Xesús Pereiras, Cantos da seiva.
- 2001: Marica Campo, Pedinche luz prestada.

