Premio de Poesía Martín Codax
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Premio de Poesía Martín Codax foi un afamado premio literario convocado polas Adegas Vilariño de Cambados durante os anos 1992 a 2000.
O premio estaba patrocinado polo Concello de Vigo e as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. As obras premiadas foron editadas pola Editorial Galaxia dentro da súas coleccións Ronsel, primeiro, e Dombate, despois.
[editar] Gañadores
- 1992 - Xavier Rodríguez Barrio, por Antiga Claridade.
- 1993 - Xosé Manuel Vélez, por Ritos de auga.
- 1994 - Darío Xohán Cabana, por Canta de cerca de morte.
- 1995 - Xesús Franco González, por Contra mar.
- 1996 - Miguel Anxo Fernán-Vello, por As certezas do clima.
- 1997 - Román Raña, por Ningún camiño.
- 1998 - Marta Dacosta, por Setembro.
- 1999 - Non se convocou
- 2000 - Gonzalo Navaza Blanco, por Libra.

