Partido Galeguista de Pontevedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Galeguista de Pontevedra foi un partido galego constituído o 1 de xuño de 1931 na cidade de Pontevedra.
Asistiron á súa xuntanza fundacional Alfonso R. Castelao, Antón Iglesias Vilarelle, Alexandre Bóveda, Pedro Basanta del Río Rojo, Enrique Iglesias Rodríguez, Xaime Alfonsín Castrelos, Xavier e Francisco Gastañaduy Ozores, Eduardo Alexandro Ferrín, Xacobe Barral Otero, Xosé C. González, Sergio Sánchez Puga, Carlos García Cabezas, Lois Pintos Fonseca, Xosé Lino Sánchez, Xosé María Álvarez Gallego, Xosé Martínez Tiscar e Xoán Vidal Martínez.
A súa denominación primeira foi Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra e formaban o seu Consello Executivo:
- Alfonso R. Castelao: Presidente
- Antón Iglesias Vilarelle: Vicepresidente
- Xoán Vidal Martínez: Secretario
- Serxio Sánchez Puga: Depositario
- Lois Pintos Fonseca: Bibliotecario
- Sebastián González García e Carlos García Cabezas: Conselleiros
Para as eleccións constituíntes do 28 de xuño apoiou a denominada Candidatura Galeguista conseguindo Castelao acta de deputado[1].
Ao ano seguinte, decídese trocar o nome de Nacionalista Galego polo de Galeguista, e así se integraron máis tarde no Partido Galeguista.
[editar] Notas
- ↑ Justo G. Beramendi, Xosé Manoel Núñez Seixas, O nacionalismo galego, Vigo, 1996, 2º ed., páx 146

