N-550

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

N-550
Clasificación Rede nacional
Tipoloxía estrada convencional
Inicio A Coruña
Fin Tui
Lonxitude 180 km

A N-550 é unha estrada nacional que parte na Coruña e remata en Tui.

[editar] Traxecto

Sae de A Coruña pola avenida Alfonso Molina cara o concello de Culleredo. Atravesa os lugares de O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Alvedro. Xa en Cambre pásase por Sigrás e Altamira. En Carral pásase por Tabeaio e a propia vila de Carral (pola Costa do Pincho). A estrada discorre entre eucaliptos, mentras sube hacia o punto máis alto da mesma, o Mesón do Vento, xa no concello de Ordes. A vila de Ordes crúzase pola avenida de Alfonso Senra, deixando á dereita a casa do Concello.

N-550 ó seu paso por Sigüeiro
N-550 ó seu paso por Sigüeiro

Atravésase Santa Cruz de Montaos e se chega ó concello de Oroso. Aquí pásase por Deixebre e Oroso, antes de chegar a Sigüeiro, onde se atravesa o río Tambre a través duhna ponte medieval reformada pouco antes de chegar a Santiago de Compostela.

entrada no concello de Santiago de Compostela
entrada no concello de Santiago de Compostela

Antigamente a estrada atravesaba a cidade polo centro (rúas de Basquiños, Santa Clara, Rodas, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Ensinanza, San Antonio, Senra e Rosalía de Castro), pero na actualidade existe a estrada SC-20 que enlaza coa N-550 no Polígono do Tambre e que leva á avenida de Lugo, que conecta coa avenida de Antonio Fraguas, saída de Santiago hacia o sur.

Pouco despois de saír de Compostela, pasando por Conxo, chégase a Milladoiro (cidade dormitorio de Compostela do concello de Ames). Logo de pasar polo concello de Teo chégase ó de Padrón, polos lugares da Picaraña, Escravitude e Iria Flavia. Estes dous últimos lugares presentan dúas igrexas de gran beleza: o Santuario da Virxe de Escravitude e a colexiata de Iria Flavia, fronte á sede da fundación Camilo José Cela. A vila de Padrón é atravesada pola avenida de Compostela, deixando á esquerda o xardín botánico e á dereita o centro histórico. Crúzase o río Ulla e chégase á provincia de Pontevedra.

Atravésanse as vilas de Pontecesures e Valga, capitais dos seus respectivos concellos, e chégase a Caldas de Reis, onde cruza a N-640 e o río Umia. Entre Caldas e Pontevedra atravésanse as terras de Barro.

N-550 ó seu paso por Barro
N-550 ó seu paso por Barro

A chegada a Pontevedra ten lugar pola Avenida de Compostela, que enlaza coa ponte de Santiago (cruzando o río Lérez) e o paseo de As Corbaceiras. Saese de Pontevedra a través da rúa Manuel del Palacio e a Avenida de Vigo. O recorrido segue a través do concello de Pontevedra e o de Vilaboa. Despois de ligar coa N-554, que vai cara a Ponte de Rande, segue cara Arcade, (xa no concello de Soutomaior) para cruzar o río Oitavén. Logo de cruzar Cesantes, chégase a Redondela, vila que é circunvalada.

Ó saír de Redondela déixase á dereita a desviación a Vigo (N-552), e pouco despois a desviación ó aeroporto de Peinador (N-555), chegando ó concello de Mos e logo á localidade de Porriño, para chegar pouco despois a Tui a través da Avenida da Concordia.

En Tui chégase á aduana española, e a partir daí a estrada entra nunha ponte internacional de ferro mixto ferrocarril-turismos. A N-550 termina oficialmente á entrada da beira española da ponte internacional de Tui-Valença do Minho.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Outras linguas