Mos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Mos | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Mosense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Vigo |
| Área: | 53,2 km² |
| Entidades de poboación: | 40 lugares en 10parroquias |
| Capital do concello: | A Rúa |
| Latitude e lonxitude: | 42º 11' N 8º 38' O |
| Altitude máxima: | 742 m. |
| Altitude mínima: | 25 m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2004) | |
| Poboación: | 14.114 hab. |
| Densidade: | 265,3 hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 96,40 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 40,02 % |
| Ás veces: | 46,84 % |
| Nunca: | 13,14 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 8 (4133 votos - 44,41 %) BNG 3 (1819 votos - 19,54 %) PSdeG-PSOE 6 (2827 votos - 30,37 %) Outros: MoveMos 0 (395 votos - 4,24 %) |
| Alcalde: | María Xesús Escudero Lago (PSdeG-PSOE) |
| Eleccións municipais en: Mos {{{eleccións}}} |
|
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 12.132 - 100 % |
| Votantes: | 9393 - 73,12 % |
| Abstencións: | 3453 - 26,88 % |
| Votos en branco: | 133 - 1,42 % |
| Votos nulos: | 86 - 0,92 % |
| Orzamentos (2000) | |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Reguengo-Petelos, 1 |
| Teléfono: | 986 33 12 00 |
| Fax: | 986 33 66 18 |
| Código postal: | 36416 |
| Correo electrónico: | mos@concellosdepontevedra.es |
| http://www.concellomos.es/ | |
|
|
|
|
Notas: |
|
Mos é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Vigo. Forma parte da comarca da Louriña e limita con Redondela e Pazos de Borbén ao norte, Vigo ao oeste, O Porriño ao sur, e Ponteareas ao leste.
A súa poboación no 2005 era de 13.996 persoas segundo o IGE, repartidas en dez parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Mosense.
| Evolución da poboación de: Mos - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 6.094 | 7.367 | 8.876 | 13.102 | 14.214 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
A posición xeográfica de Mos fai historicamente do concello unha zona de paso de importantes vias de comunicación. Os recentes proxectos de construción das vías do AVE e dunha nova autoestrada están a xerar unha forte polémica no municipio.
Índice |
[editar] Parroquias
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mos vexa: Lugares de Mos.
[editar] Historia
En Mos atópanse abundantes restos arqueolóxicos que son testemuña dunha intensa ocupación do territorio, como o castro de Torroso.
Aínda así, desde a existencia de poboados prehistóricos documentados pola presenza do Campo de Mámoas e a Pedra Cabaleira (dolmen con restos de corredor incipiente) non hai mais datos ata a romanización. Nesa época transcorría por Mos a vía romana XIX, que unía Braga con Lugo e Astorga.
- O marquesado de Mos
O Concello de Mos, comezou a utilizar o título de vila desde o último terzo do século XVII ata primeiros do século XIX. A mediados do século XIII era coñecida como o nome de Molis;
Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirós recibe o título de Marqués de Mos de mans de Carlos II; Desde 1776 ten grandeza de España, mercé outorgada a Benito Correa e Sarmiento, cuarto marqués de Mos. En 1810 únese o marquesado de Mos ao de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e en 1908, ao falecer o marqués da Veiga de Armijo e de Mos, pasa a propiedade a unha sobriña, María Vinials, marquesa de Ayerbe.
[editar] Patrimonio
Mos conta con abundante patrimonio arquitectónico espallado pola súa xeografía.
O pazo de Mos, recentemente restaurado, deu nome ao municipio e baseouse no seu escudo o actual brasón da vila. Data do século XVI. Na parroquia de Louredo está situada o pazo de Santo Antonio, con orixe no século XIV pero reconstruido no XVIII (cunha capela do XVI)
Conta ademais con moitas igrexas repartidas polas súas parroquias, entre elas a igrexa de Louredo, que conserva o seu tímpano románico, aínda que reformada no século XVIII. A igrexa de Guizán tamén conserva a portada románica e a igrexa de Sanguiñeda, que data do ano 1685, conta con esculturas que se cre que proceden dun templo románico anterior.
O municipio estaba atravesado na época romana pola vía Braga-Santiago, da que hoxe aínda se conserva un miliario romano.
Ademais, o concello ven restaurando, dende a anterior lexislatura, os abundantes muíños abandonados dende fai décadas.
[editar] Clima
A característica fundamental do clima de Mos é a existencia de dous microclimas ben diferentes, un de montaña e outra de val, representados nas inmediacións de Peinador e O Porriño, respectivamente.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mos
[editar] Datos de interese
| Cela | Dornelas | Guizán | Louredo | Mos | Pereiras | Petelos | Sanguiñeda | Tameiga | Torroso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 36311 | 36417 | 36417 | 36415 | 36415 | 36419 | 36416 | 36418 | 36416 | 36417 |
[editar] Personaxes de sona
- Uxía Domínguez Senlle Uxía Senlle, cantante (n. 1962)
- Óscar Pereiro Sío, ciclista (n. 1977)
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Ligazóns externas

