Martín Codax

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Martín Códax)
Para outros significados de Martín Codax vexa Martín Codax (homónimos)
O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, New York, Vindel MS M979)
O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, New York, Vindel MS M979)

Martín Codax, ou Martim Codaz -como aparece transcrito no Cancioneiro da Vaticana-, foi un trobador galego medieval (do século XIII - ao XIV).

Índice

[editar] Vida

A súa orixe non está clara, o xograr procede probabelmente de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta cidade. Viviu entre a segunda metade do século XIII e comezos do século XIV. Non hai moitos datos sobre a identidade deste xograr.

[editar] Obra

Dúas son as características máis importantes de Martin Codax: por un lado, a súa inspiración fortemente orixinal, máis próxima á realidade do amor vulgar, e por outra banda o feito de que as súas composicións, ademais de seren transmitidas polos Cancioneiros, foran recollidas no chamado Pergamiño Vindel, o que nos dá a posibilidade de acceder ás músicas, supostamente orixinais, dos seus creadores.

Os poemas de Martín Codax que figuran no pergamiño son os seguintes (sen título, citanse polo seu primeiro verso):

  • Ondas do mar de Vigo
  • Mandad'ey comigo
  • Mha irmana fremosa treydes comygo
  • Ay Deus se sab'ora meu amado
  • Quantas sabedes amar amigo
  • En o sagrad' en Vigo
  • Ay ondas que eu vin veer

No pergamiño Vindel consérvase tamén a notación musical destas cantigas, de maneira bastante excepcional porque case toda a notación musical da lírica trobadoresca non se conservou -no Cancioneiro da Ajuda aparece o sitio para a notación musical, mais está en branco-. Existe outro pergamiño que tamén conserva a notación musical: o pergamiño Sharrer (T).

O corpus literario atribuído limítase xa que logo a sete cantigas de amigo que figuran nos cancioneiros da lírica galego-portuguesa e no pergamiño Vindel, no cal se concreta o nome do autor das composicións. A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar: ocorreu cando Pedro Vindel, a principios do século XX, o encontrou na súa biblioteca, e achounos servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Xohán de Cangas e Meendinho).

Existe un grupo de música antiga chamado Martín Codax que interpreta música medieval e do Renacemento e que teñen na súa discografía cantigas medievais de escarnio, cantigas de Santa María e, por suposto, cantigas de Martín Códax.

[editar] Discografía

A seguinte discografía está ordenada por ano de gravación, pero a referencia é a da edición máis recente en CD. Nos casos en que non exista edición en CD, informase da correspondente edición en vinilo. Non se incluen as recopilacions, só os discos orixinais.

Os discos separáronse en dous grupos: aqueles que conteñen as sete cantigas ou polo menos as seis con música e aqueles que conteñen unha selección parcial delas.


Discos que conteñen todas as cantigas:


Discos cunha selección de cantigas:


Cantiga Grabaciones
1 Ondas do mar de Vigo PON, YOR, BAT, CLE, EST, MED, ORI, WYT*, LES*, AMA*, CAN, SPI, EIR, LAM, ANT, CER, FIG, VIG, ABE, SUA
2 Mandad'ei comigo YOR, DOA, COM, BAT, CLE*, WYT, LES, DIA, GOT, MAG, CAN, SPI, LAM, ULT, FRE, NIM, CER, ITI, BAL, SUA
3 Mia irmana fremosa YOR, COM, CLE*, EST, COH, AMA, CAN, PER, LAM, ANT, ULT, ITI
4 Ai Deus, se sab'ora meu amigo ALI, COM, CER, ITI, SUA
5 Quantas sabedes amar amigo PON, DOA, ALI, COM, COH, DRA, REN, PAN*, LES, OST, CAN, SPI, PAS, CER, VIG, INS, MAR*, ALF*, OND
6 Eno sagrado, en Vigo YOR, ALT, OST, GOT, SPI
7 Ay ondas que eu vin veer YOR, XER, SON, DRA, CAN, CLA, ABE, SUA, ALI
(*) versión instrumental


  • 1945 - [PON] Cantigas de Amigo. Sociedad Coral Polifonica de Pontevedra. A. Iglesias Vilarelle. Columbia R 14283 (78 rpm). Modelo:MED
  • 1976 - [YOR] Medieval and Renaissance Songs of Portugal and Spain. The New York Consort for Poetry and Music. Vox "Turnabout" TV 34693 (LP). Modelo:MED
  • 1979 - [DOA] O son da estrela escura. Doa (Grupo musical). Punteiro Clave 9012-CD. Modelo:MED
  • 1979 - [ALI] Cantigas de Santa Maria. Ensemble Alia Música. Dischi Ricordi RCL 27085 (LP). Modelo:MED
  • 1980 - [COM] Compostela. Cantigas de Santa Maria, Codice calixtino & Martín Códax. Grupo Universitario de Camara de Compostela. Carlos Villanueva. Clave Punteiro. Modelo:MED
  • 1984 - [BAT] Cantigas d'Amigo. La Batalla. Pedro Caldeira Cabral. EMI-Valentim de Carvalho 7 96523-2. Modelo:MED
  • 1987 - [CLE] Duo. René Clemencic & Esmail Vasseghi. Accord 149 184. Modelo:MED
  • 1989 - [EST] A chantar. Lieder der Frauen-Minne im Mittelalter. Estampie. Münchner Ensemble für frühe Musik. Michael Popp. Christophorus CHR 74583. Modelo:MED
  • 1990 - [MED] Lo Gai Saber. Troubadour and Minstrel Music 1100-1300. Camerata Mediterranea. Joel Cohen. Erato 2292 45647-2. Modelo:MED
  • 1990 - [XER] Musique médiévale. Ensemble Xeremia. Collection Rencontre CR119309. Modelo:MED
  • 1992 - [ORI] Labyrinth. Medieval and Bulgarian Music. L'Orient Imaginaire. Vladimir Ivanoff. Teldec 0630-11756-2. Modelo:MED
  • 1992 - [WYT] Amar e Trobar. Leidenschaft & mysterium im mittelalter. Oni wytars. Verlag der Spielleute CD 9201. Modelo:MED
  • 1993 - [COH] Dized', ay! Trobadores. Monofonías medievales. Judith Cohen. Saga KPD-10.914. 1994. Modelo:MED
  • 1993 - [SON] Songs and Dances of the Middle Ages. Sonus Ensemble. Dorian Discovery 80109. Modelo:MED
  • 1993 - [DRA] Viatores. Canti di Cavalieri, Dame e Pellegrini sulle strade dell'Europa Medievale. Dramsam. Quadrivium SCA 044. Modelo:MED
  • 1994 - [ALT] Iberian garden, vol. 1. Jewish, Christian and Muslim Music in Medieval Spain. Altramar. Dorian Discovery DIS-80 151. Modelo:MED
  • 1995 - [REN] Odyssey. Progressive Performance of ancient songs. New World Renaissance Band. Nightwatch 1006. Modelo:MED
  • 1995 - [PAN] Danzas medievales españolas. La España de los Cinco Reinos. Eduardo Paniagua Group. M·A Recordings M034A. Modelo:MED
  • 1995 - [LES] Ave Eva. Chansons de femmes, XIIe et XIIIe siècles. Brigitte Lesne. Opus 111 30-134. Modelo:MED
  • 1995 - [ITI] Os sons do Portico da Groria. In Itinere (Grupo de Cámara da Universidade de Santiago). Carlos Villanueva Abelairas.
  • 1997 - [OST] Amor, ei. Adolfo Osta et al. Saga KPD 10.962. Modelo:MED
  • 1997 - [DIA] A Terra Sancta ad Fines Terrae. Dialogus. Saga KPD-10.963. Modelo:MED
  • 1997 - [GOT] Stella Spendens. Gothart - Ensemble of Medieval Street Music. Tri Batri Production KK001. Modelo:MED
  • 1998 - [MAG] Ferox. Expressive medieval music. Poeta Magica. Verlag der Spielleute CD 9901. Modelo:MED
  • 1998 - [AMA] Sur les Chemins de Saint-Jacques. Ensemble Amadis. Jade 74321 64760-2. Modelo:MED
  • 1998 - [CAN] Ondas do mar. El Canto de Amor en el Mediterraneo del siglo XIII. Ensemble Cantilena Antiqua. Stefano Albarello. Symphonia 98157. Modelo:MED
  • 1998 - [SPI] Waves Of Vigo - Alfonso el Sabio. Cantigas de Amigo & Cantigas de Santa Maria. Freiburger Spielleyt. Ars Musici 1230. Glasnost GLAS 44. Modelo:MED
  • 1998 - [EIR] Amores ei. Xoán Eiriz. Barsa Promociones. Modelo:MED
  • 1998 - [PER] Minnesänger, Troubadours, Trouvères. Ensemble Perceval. Katia Caré, Guy Robert. Arte Nova Classics 74321 58968 2. Modelo:MED
  • 1999 - [LAM] Puisqu'en oubli. Songs of Forgetfulness. Catherine Lambert. ATMA CD 22163. Modelo:MED
  • 1999 - [ANT] Jews and Christians. Music in Mediaeval Spain. Ensemble Antequera. Modelo:MED
  • 1999 - [ULT] Chansons médiévales du XIIIe siècle, Vol. 1. Ensemble Ultreia. Marc Paveau. Ultreia ULT 50001. Modelo:MED
  • 1999 - [PAS] La música de los peregrinos. Jacobeo 1999 "El último del milenio". Los Tiempos Pasados. Knife Music (LP). Modelo:MED
  • 1999 - [ALF] The time of the Troubadours. 12th, 13th and 14th Century Songs from Spain and Portugal. Vozes Alfonsinas. Pedro Ferreira. Portusom Strauss SP SP 4287. Modelo:MED
  • 1999 - [OND] Ondas. Musik von Troubadours und Flagellanten. Estampie. Red Moon
  • 2000 - [FRE] Pilgerwege. Freiburger Spielleyt. Verlag der Spielleute CD 0003. Modelo:MED
  • 2001 - [CLA] Catherine Lambert. Catherine Lambert. Tribu 21577. Modelo:MED
  • 2001 - [ABE] De Peregrinos, Cruzados y Troveros. Música Medieval de los siglos VIII al XIV. Abendmusik. David de la Calle Prieto.
  • 2002 - [ALI] Portals of Grace. Azam Ali. Narada
  • 2003 - [BAL] Amor & devoção. Música Ibérica dos séculos XIII a XVI. Il Dolce Ballo
  • 2004 - [NIM] Sumer zeitt. Nimmersêlich. Verlag der Spielleute CD 0402. Modelo:MED
  • 2004 - [CER] Cantigas de amor e de amigo. Paulina Ceremuzynska, Zofia Dowgiallo. Clave Records 3015. Modelo:MED
  • 2004 - [MAR] De castillos, tabernas y caminos. Cantos y Danzas de los siglos XII al XVI. Ensamble Marión. Ignacio Ferreirós Brea.
  • 2005 - [INS] Du Temps & de l'instant. Jordi Savall, Montserrat Figueras, Arianna Savall, Ferran Savall. Alia Vox
  • 2005 - [SUA] Ven, te contaré. Música de tradición oral de la Península Ibércia del siglo XV. Vox Suavis. Dominique Vellard
  • 2006 - [FIG] Lux Feminae (900-1600). Montserrat Figueras et al. Alia Vox AVSA 9847 (SACD-H). Modelo:MED
  • 2006 - [VIG] Flor Nouvele. Femmes Troubadours - Chants d'Amour. Domitille Vigneron, Evelyne Moser.Tròba Vox TR 013. Modelo:MED

[editar] Véxase tamén

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais