Lugo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lugo
Situación
Xentilicio 1: Lugués - Lucense
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Lugo
Área: 329,8 km²
Entidades de poboación: 55 parroquias
Capital do concello: Lugo
Latitude e lonxitude: 43º0'43.24" N 7º33'20.75" W
Altitude máxima: 783 m Monte Picato m.
Altitude mínima: m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 93.853 hab.
Densidade: 284,58 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 90,02 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 27,26 %
Ás veces: 56,17 %
Nunca: 16,57 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 9 concelleiros (18.428 votos - 35.51 %)
BNG 4 concelleiros (7.417 votos - 14.29 %)
PSdeG-PSOE 12 concelleiros (23.375 votos - 45.04 %)
Outros: - (1.738 votos - 3.35 %)
Alcalde: Xosé Clemente López Orozco (PSdeG-PSOE)
Eleccións municipais en: Lugo

Eleccións municipais en Lugo

Censo electoral (2007)
Total electores: 82.275 - 100 %
Votantes: 52.236 - 64,49 %
Abstencións: 28.761 - 35,51 %
Votos en branco: 939 - 1,80 %
Votos nulos: 339 - 0,65 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Praza Maior, 1
Teléfono: 982 297 137/982 297 150/ 982 297 267
Fax: 982 297 104
Código postal: 27.001
Correo electrónico:
http://www.lugo.es/

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

(este artigo é sobre a cidade de Lugo, a información sobre a provincia do mesmo nome está no artigo: Provincia de Lugo).

Lugo é unha cidade galega de orixe romana (aínda que algunhas teses sosteñen que pode estar asentada sobre un castro) fundada no ano -25 que está bañada polo río Miño. É a capital da provincia do mesmo nome e da comarca de Lugo. É a cuarta cidade galega en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

Poboación no 2007: 93.853 habitantes segundo o INE (93.450 no 2006, 92.271 no 2005, 91.426 no 2004, 91.158 no 2003).

Evolución da poboación de: Lugo - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 26.959  31.137  53.743  72.574  91.426
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

A cidade atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño, Rato e Chanca. A diferenza de altitude entre o centro da cidade e as beiras fluviais é considerable e mentres no centro da cidade a altitude é de 465 metros sobre o nivel do mar, no Miño á altura do Paseo Fluvial a altitude é de tan só 364 metros.

[editar] Clima

O clima en Lugo é oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 12,0º e as precipitacións abundantes (máis de 1.000 litros ó ano). Con todo, e debido ao seu afastamento do Atlántico, esta cifra de precipitación pode ser considerada baixa en comparanza con comarcas das Rías Baixas ou Santiago.

Observatorio de Lugo
1971-2000 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec TOTAL
Temp. media (°C) 6,0 6,7 9,3 11,0 13,0 16,3 18,2 18,7 16,7 13,1 8,9 6,2 12,0
Precipitacións (mm) 143 120 122 85 89 53 32 34 51 84 123 133 1067

[editar] Etimoloxía e Historia

No ano -26. chegou á que posteriormente sería a Gallaecia un corpo expedicionario romano ao mando de Caius Antistus Vetus para controlar o noroeste peninsular, e estableceu un campamento no territorio da actual Lugo no ano 25 a.C. ao que deu o nome de Lucus Augusti, orixinado posiblemente na divinidade céltica Lugh de cidades como Lugano ou Lyon, e que se converteu na capital da Gallaecia lucense. No ano -14 a cidade deixa de ser un campamento militar e convértese nun asentamento urbano civil, e a partir do ano 50 asístese á expansión da cidade, co asentamento de poboación indíxena dos castros próximos. Entre os anos 260 e 325 a cidade rodéase dunha muralla. Trala conquista sueva, a cidade perdeu a maioría dos seus habitantes, e só comezou a recuperarse no século X.

[editar] Monumentos de interese

Lugo conta coa única muralla romana que conserva todo o seu perímetro orixinal, das innumerables que existían no antigo Imperio Romano. A muralla ten máis de dous quilómetros de extensión e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 30 de novembro do ano 2000. Lugo tamén conta cun balneario de augas termais de orixe romana, unha ponte romana e multitude de mosaicos e outros vestixios romanos.

Outro edificio de interese é a catedral. A súa exposición permanente da hostia consagrada é única no orbe católico, o cal se reflicte no escudo da cidade, coa lenda Hic hoc mysterivm fidei firmiter profitemvr (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ó misterio da consagración e do corpo de Cristo]" e que se trasladou ó propio escudo de Galicia), museos, institutos, ó campus universitario, ó Parque de Rosalía de Castro, etc...

[editar] Economía

Lugo é unha cidade de servizos, como corresponde á capital dunha provincia deste tipo. As principais actividades son as comerciais, a administración (delegacións da Xunta, de organismos estatais...) e servizos sanitarios e educativos.

O incremento constante da poboación da cidade fai da construción un dos principais sectores económicos do municipio.

A industria é moi escasa e dedícase case en exclusiva á transformación de produtos agrícolas (lácteas,cárnicas, madeira...). A reducida presenza de industrias, a ausencia de medianas e grandes empresas e certo estancamento económico fan de Lugo unha das cidades menos desenvolvidas de Galicia.

[editar] Deporte

Na cidade destacan equipos profesionais como Breogán, Azkar, Ensino... todos eles amplamente coñecidos pola sua participación de maneira frecuente nas máximas categorías nacionais na loita con cidades moito maiores e importantes a nivel económico.

O Club Baloncesto Breogán, participante da Liga LEB Ouro, é un dos clubes históricos no baloncesto español (ocupa a novena posición nese ránking) cunha das mellores afeccións en relación poboación-público. Tras moitos anos na máxima categoría nacional, a liga ACB, descendeu na tempada 2005/06 á LEB. O club logrou a súa mellor clasificación na tempada 84-85, ocupando a sexta posición, o que lle permitiu disputar unha competición europea, a Copa Korac, a seguinte campaña. Algúns xogadores importantes de baloncesto da cidade son Manel Sánchez, Tito Díaz, Suso Fernández ou Fran Vázquez (actualmente no FC Barcelona). A canteira do Breogán está representada polo Club Baloncesto Estudiantes, que disputa actualmente na Liga EBA.


O Azkar Lugo FS xoga actualmente na División de Honra da Liga Nacional de fútbol sala. Trala súa consolidación como un dos fixos da categoría a aposta pola canteira parece que comeza a ser clara nunha cidade na que o fútbol-sala ten o maior número de fichas federativas. No seu palmarés destaca a Recopa de Europa de futbol sala do ano 2005, disputada en Lugo.


No fútbol destaca o CD Lugo, actualmente en Segunda B, que na tempada 92-93 competiu en Segunda Division A. Algúns futbolistas lucenses famosos foron Cantina, Michines, Nacho (SD Compostela e Celta), Jesús Martínez (Valencia), Mandiá e, na actualidade, o porteiro Diego López (Villarreal CF), Trashorras (FC Barcelona), Pablo Álvarez (Deportivo), ou Roberto (Spórting de Xixón).

En baloncesto feminino o Porta XI Ensino participa na Primeira División da Liga Feminina. Os seus maiores logros foron o pase á final da Copa da Raíña en 2001 e a clasificación para as semifinais da Liga na tempada 03-04.

En voleibol, destaca o equipo feminino Emevé.

En deportes individuais cabe destacar ós medallistas olímpicos en piragüismo Ramos Misioné e Chilares, xunto a outros piragüistas como Pedro Cuesta e Valladares. En atletismo destaca a olímpica María Abel, e no golf Katia Fernández. Foi famoso o falecido motociclista José Luis López Mella

Cabe destacar tamén a ampla tradición aeronáutica da cidade. O Real Aeroclub de Lugo conta na actualidade cunha gran flota de aeronaves lixeiras. Organiza anualmente unha concentración aeronáutica na que se dan cita varias disciplinas, desde a competición ata a divulgación do mundo da aviación. A súa base é o aeródromo de Rozas, unha pista de importantes dimensións para a que existen proxectos de ampliación nun futuro.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Lugo

[editar] Lugueses de sona

[editar] Lugares de Lugo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lugo vexa: Lugares de Lugo.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Lugo

Adai (Santa María Madanela) | Bacurín (San Miguel) | Bascuas (Santa María) | Bazar (San Remixio) | Benade (Santo Estevo) | Bocamaos (San Xillao) | Bóveda (Santa María) | O Burgo (San Vicente) | Calde (San Pedro) | Camoira (Santo Estevo) | Carballido (San Martiño) | Coeo (San Vicente) | Coeses (Santa María Madanela) | Cuíña (Santalla) | Esperante (Santalla) | Gondar (Santa María) | Labio (San Pedro) | Lamas (Santalla) | Lugo | Mazoi (Santalla) | Meilán (Santiago) | Monte de Meda (Santa María Madanela) | Muxa (Santa María) | Ombreiro (San Martiño) | Orbazai (San Miguel) | O Outeiro das Camoiras (San Salvador) | Pedreda (San Vicente) | Pías (San Vicente) | Piúgos (Santiago) | Poutomillos (San Martiño) | Prógalo (Santiago) | Recimil (San Lourenzo) | Ribas de Miño (San Mamede) | Romeán (San Pedro) | Rubiás (San Xillao) | Saa (Santiago) | San Mamede dos Anxos (San Mamede) | San Martiño de Piñeiro (San Martiño) | San Pedro de Mera (San Pedro) | San Román (Santa Cristina) | San Salvador de Muxa (San Salvador) | San Xoán de Pena (San Xoán) | San Xoán do Alto (San Xoán) | San Xoán do Campo (San Xoán) | Santa Comba (San Pedro) | Santa María de Alta (Santa María) | Santa Marta de Fixós (Santa Marta) | Santalla de Bóveda de Mera (Santalla) | Santo André de Castro (Santo André) | Soñar (San Pedro) | Teixeiro (Santa María) | Tirimol (San Xoán) | Torible (Santa Mariña) | O Veral (San Vicente) | Vilachá de Mera (San Xillao)


[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais