Juan de la Cierva

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Juan de la Cierva y Codorníu (Murcia, 21 de setembro de 1895 - Croydon, Inglaterra, 9 de decembro de 1936), enxeñeiro de camiños, canais e portos e aviador español, creador do autoxiro, precursor do actual helicóptero.

Retrato
Retrato
Autogiro Pitcairn PCA-2, construído nos EUA baixo a licenza de Juan de la Cierva.
Autogiro Pitcairn PCA-2, construído nos EUA baixo a licenza de Juan de la Cierva.

Fillo do avogado criminalista, político e empresario Juan de la Cierva y Peñafiel, que chegou a ser ministro en varias ocasión e alcalde de Murcia, España. Dende a súa infancia destacou o seu interese polo mundo da aviación, e xunto ao seu amigo Tomás de Martín-Barbadillo, construíu pequenos modelos capaces de voar.

Xunto con dous compañeiros, José Barcala, antigo compañeiro de estudos, e Pablo Díaz, fillo dun carpinteiro, fundo a sociedade B.C.D., cuxas siglas correspondían coas iniciais dos seus tres apelidos, que foi pioneira no desenrolo aeronáutico dentro da España, e grazas á súa capacidade, en 1912, con só dezaseis anos, Juan de la Cierva logrou construír e facer voar un avión biplano; o BCD-1 alcumado O Caranguexo con piloto ( o francés Mauvais ) e pasaxeiro a bordo.


Mentres que o avión é unha aeronave de alas fixadas á fuselaxe, o autoxiro inventado por de la Cierva ten ás fixadas a un rotor. O autoxiro fai a súa irrupción no panorama da aviación só vinte anos despois da invención dos irmáns Wright.

No 1920, Xoán, construíu en Madrid, o seu primeiro autoxiro, o Cierva C.1, empregando fuselaxe, rodas e estabilizador vertical dun monoplano francés Deperdussin de 1911, sobre o que montou dous rotores de catro pas, contrarrotatorios, coroados por unha superficie vertical destinada a proporcionar control lateral; a planta motriz era un moto Le Rhône de 60 hp. O aparato non chegou a voar, pois o rotor inferior xiraba a menos velocidade da prevista, e o efecto xiroscópico e a asimetría da sustentación, fixeron envorcar ao aparello. A este primeiro autoxiro seguiron dúas construcións tamén fracasados, o C.2 e o C.3, nas que o inventor intentou, infrutuosamente, resolver o problema da diferenza de sustentación entre a pa que avanza e a que retrocede. Mais, nas probas do C.2 conseguíronse algúns saltos do aparato duns metros, o que indicaba a viabilidade do invento. A asimetría da sustentación do rotor non se resolvía plenamente até o prototipo C.4, no que la Cierva incluíu a súa revolucionaria idea de manipular as pas do rotor na súa raíz.

Os primeiros ensaios do modelo C.4, construído en 1922, conforme aos novos principios, foron infrutuosos. Para a súa definitiva resolución, realizou unha completa serie de ensaios no túnel de vento do circuíto cerrado do aeródromo de Catro Ventos (obra de Emilio Herrera), naquela, o mellor de Europa. O novo aparato corrixido probouse con éxito en xaneiro de 1923, no aeródromo de Xetafa, pilotado polo tenente Alejandro Gómez Spencer. Aínda que dito voo consistira só nun salto de 180 metros, demostrou a validez do concepto; a finais do mes, o C.4 recorreu en catro minutos un circuíto fechado de catro quilómetros no aeródromo de Catro Vento, cerca de Madrid, a unha altura duns 30 metros. A planta motriz do C.4 era un motor Le Rhône 9Ja de 110 hp. No xullo de 1923, empregouse o mesmo motor nun C.5, que voou en Xetafe; a partir dese momento, de la Cierva, que financiara os seus anteriores experimentos, traballou cunha subvención do goberno español.

Faleceu o 9 de decembro de 1936, con 41 anos de idade, ao estrelarse no despegue, no aeroporto de Croydon, o Douglas DC-2 de KLM en voo regular Londres-Amsterdam.

[editar] Premio Nacional de Investigación Juan de la Cierva

Dende o ano 2001, o Ministerio de Educación e Ciencia de España, outorga os Premios Nacionais de Investigación de España, e en concreto ao dedicado á transferencia de tecnoloxía, leva o nome de Juan de la Cierva.

O obxectivo de todos estes premios é o recoñecemento dos méritos dos científicos ou investigadores españois que realizaron unha labor destacada en campos científicos de relevancia internacional, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da Humanidade.

Os galardoados até o momento foron:

Ano Investigador Traballo
2001 Agustín Escardino Benlloch transferencia de tecnoloxía desenrolada en estreita colaboración entre o sistema público de investigación e a industria cerámica.
2003 Antonio Luque López enerxía fotovoltaica, tecnoloxías de fabricación de células solares, á aplicación das enerxías renovábeis
2005 Ignacio Fernández de Lucio I+D

Ademais deste galardón, no 2004, o Ministerio de Educación e Ciencia español iniciou un programa de contratación de investigadores doutores baixo o nome de Programa Juan de la Cierva,[1] grazas ao cal, moitos investigadores españois e estranxeiros desenrolan a súa actividade. [2]

[editar] Curiosidades

Monumento na honra de Juan de la Cierva en Murcia.
Monumento na honra de Juan de la Cierva en Murcia.

[editar] Referencias

  1. "Programa Juan de la Cierva" Páxina do Ministerio de Educación e Ciencia de España con información sobre o Programa Juan de la Cierva.
  2. "Investigadores dentro do programa Juan de la Cierva" Portal que serve como punto de encontro para os investigadores que participan no Programa Juan de la Cierva.
  3. "Consellería de Transportes e Estruturas da Comunidade de Madrid, estación de metro Juan de la Cierva" Páxina con información acerca da estación de metro Juan de la Cierva achada en Xetafe.
Ferramentas persoais