Dionisio Pereira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dionisio Pereira González é un economista e historiador coruñés, nacido en 1953. Traballa como profesor de Ensino Medio.

Xunto con A. Martínez, Manuel González Probados e X. Castro formou o Colectivo de Historia Xerminal.

En 1994 foi elexido primeiro presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nacida o ano anterior en Ribeira.

No ano 2007 viuse envolto nun proceso xudicial a raíz dunha denuncia de familiares de Manuel Gutiérrez Torres, alcalde de Cerdedo desde 1950 e xefe local da Falanxe nos días despois do golpe militar que iniciou a Guerra Civil. Esixíaselle a Dionisio Pereira que se retractase dunha frase publicada no libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo (2006):

"Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)..."

Malia que utilizou a palabra "presunto", e que tiña diversas fontes que corroboraban o dito, e malia que recibiu múltiples manifestacións de apoio, a familia do falanxista decidiu seguir adiante coa denuncia, que finalmente se viu desestimada polo Tribunal, sentando un importante precedente e deixando claro que o historiador contaba con fontes sólidas que apoiaban o seu estudio.

[editar] Obra

  • 1981: Crónica de una sociedad coruñesa: El Centro de Estudios Sociales "Germinal"; La Voz de Galicia (12/8/1981)
  • 1982: El semanario ¡Despertad! y la CNT Galaica: análisis de una influencia 1928-1930; Coloquios de Pau
  • 1984: A CNT no campo galego (1931-1936) (con Manuel González Probados); en I Xornadas agrarias galegas; Ministerio de Agricultura (p. 491-511)
  • 1984: Prensa y Anarquismo en Galicia. Análisis de una experiencia: 'Brazo y Cerebro' (1935-1936) en Actes du Colloque "Typologie de la Presse Hispanique"; Universidade de Haute Bretagne
  • 1992: Introducción a Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra; AAVV, Ed. A Nosa Terra
  • 1992: Asociacionismo e conflictividade na Galiza mariñeira (1870-1936), en AAVV: Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra; Ed. A Nosa Terra
  • 1994: A CNT na Galiza (1922-1936); Ed. Laiovento
  • 1996: Actividades marítimas na Galiza contemporánea; Relatorio presentado no Congreso "O mar na Historia de Galicia"; Universidade de Vigo
  • 1996: O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio; en Manuel Antonio: Embarcados nun cantar, A Nosa Cultura nº 16, Ed. A Nosa Terra
  • 1997: Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila; Revista Inzar Razóns nº 16
  • 1998: Empresarios, fábricas e traballadores: a industria da madeira (1920-1936) (con Manuel González Probados); en O Camiño Portugués: III Aulas no Camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago (coord. por José Leira López-Vizoso; p. 223-236)
  • 1998: Sindicalistas e Rebeldes; Ed. A Nosa Terra
  • 1999: Imaxes da fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza; A Nosa Terra
  • 2003: Os Mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra), en A represión franquista en Galicia: actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria; Narón, 4 a 7 de decembro de 2003
  • 2004: O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto; Ateneo Libertario Ricardo Mella
  • 2004: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (Con Eliseo Fernández); Ed. Positivas
  • 2004: O Cambedo da Raia, 1946 : solidaridade galego-portuguesa silenciada; Asociación Amigos da República
  • 2004: Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado; Asociación Verbo Xido
  • 2005: Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do mar dos galegos); Ed. Positivas
  • 2005: Enterramentos civís en Cerdedo durante a IIª república, na publicación Verbo Xido nº 10 (maio 2005)
  • 2005: O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras : só viñeron a matar e roubar; Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
  • 2006: A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo; Asociación Verbo Xido
  • 2006: A saga dos Quintillán de Sorribas, na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006)
  • 2006: Crónicas de Forcarei - noticia de José Canabal, canteiro e anarquista, na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006)
Ferramentas persoais