David Creus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Creus Andrade (Cee, 1975). Poeta e deseñador gráfico galego.
Licenciado en Belas Artes, o seu único libro de autoría individual é Palabras para un parque hidráulico, co que gañou o "I Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón". A obra saíu en 2002 nunha edición ilustrada polo propio autor. No ano 2007 e xunto co seu irmán, o tamén poeta Estevo Creus, publicará facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD e de autocolantes).

