Clodio González Pérez

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Clodio González Pérez (Cenlle, Ourense, 16 de setembro de 1947) é mestre, etnógrafo e historiador.

Exerce o maxisterio no Colexio Nacional de Urdilde.

Desenvolveu cargos de responsabilidade como secretario da Sección de Etnografía e Folclore do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos[1] e coordinador das coleccións ‘Os nosos humoristas’[2] e ‘Raizames’. Membro do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega.[3].

É colaborador do xornal Galicia Hoxe. Forma parte do Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Gallega.[4].

Índice

[editar] Obra

Leva escritas máis dunha veintena de obras incluídas biografías de relevantes personalidades do galeguismo cultural.


Asimesmo, na súa longa traxectoria leva publicados numerosos artigos en Revistas e publicacións acreditadas como os Cadernos de Estudos Galegos, o Anuario Brigantino, Narria:Estudios de Artes y costumbres populares, o Boletín Auriense ou no Boletín do Museo Provincial de Pontevedra, sobre temas relacionados coas tradicións galegas, a arquitectura popular ou en menor medida sobre persoeiros[5]

Tamén colaborou en obras colectivas, como as seguintes:

  • Vixencia das marcas peroais: as dos veciños de Murias de Rao, Navia de Suarna (Galicia) nas Actas del Coloquio Internacional de Gliptografía de Pontevedra, xullo de 1986, Vol. 1, 1986, ISBN 84-86845-08-4, páxs. 187-192.
  • Marcas de canteiro das igrexas do concello de Rois (Galicia) nas Actas del Coloquio Internacional de Gliptografía de Pontevedra, xullo de 1986, Vol. 2, 1988, ISBN 84-86845-07-6, páxs. 613-622.
  • As marcas de canteiro das torres de Altamira, Brion (Galicia) nas Actas del Coloquio Internacional de Gliptografía de Pontevedra, xullo de 1986, Vol. 2, 1988, ISBN 84-86845-07-6, páxs. 605-611.
  • Nos lindeiros da galeguidade. Estudo antropolóxico do Val de Fornela., xunto con Luis Costa Vázquez-Mariño e Xosé Manuel González Reboredo, Consello da Cultura Galega, 2002, ISBN 84-95415-56-9.[6].
  • Román Martínez de Montaos, un facendista galego do século XIX : Porto do Son, 1776-Vigo, 1856, xunto con Fernando López Castellano e Ignacio Muñoz Martín, Editorial Toxosoutos, 2006, ISBN 84-96673-05-7.

[editar] Premios

Obtivo o Premio Nacional de Periodismo Artes y tradiciones populares do Ministerio de Cultura nos anos 1983, 1984, 1985 e 1986.[7]

No ano 1983 o concello de Ponteareas otorgoulle o Premio do concello por Aproximación á historia de Ponteareas.

Tamén obtivo os Premios de investigación da Deputación de Pontevedra (1987 e 1992) polos libros A festa dos maios en Galicia. Unha aproximación histórico-antropolóxica ao ciclo de maio e A produción tradicional do ferro en Galicia. As grandes ferrerías de Lugo.[8]

No ano 1999, obtivo a Coruxa de honra en Fene.[9]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • El Correo Gallego (2002), Gallegos, Quién es quién en la Galicia del siglo XXI., Editorial Compostela. ISBN.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais