Cenlle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Cenlle | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Cenllés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Ribeiro |
| Área: | 29 km² |
| Entidades de poboación: | 10 parroquias |
| Capital do concello: | Santa María de Cenlle |
| Latitude e lonxitude: | 42°20'35.23"N 8° 5'16.78"O |
| Altitude máxima: | 489 m. |
| Altitude mínima: | 110 m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2004) | |
| Poboación: | 1.575 hab. |
| Densidade: | hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 99,04 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 80,26 % |
| Ás veces: | 16,18 % |
| Nunca: | 3,56 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 6 (739 votos - 61,23 %) BNG 1 (185 votos - 15,33 %) PSdeG-PSOE 2 (277 votos - 22,95 %) Outros: - (- %) |
| Alcalde: | Manuel García Montero (P.P.) |
| Eleccións municipais en: Cenlle {{{eleccións}}} |
|
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 1.878 - - 100 % |
| Votantes: | 1.214 - 64,64 % |
| Abstencións: | 664 - 35,36 % |
| Votos en branco: | 6 - 0,49 % |
| Votos nulos: | 7 - 0,58 % |
| Orzamentos (2000) | |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Trasaríz, s/n. 32545 Cenlle (Ourense) |
| Teléfono: | 988 40 06 03 |
| Fax: | 988 40 06 03 |
| Código postal: | 32025 |
| Correo electrónico: | cenlle@iespana.es |
| www.concellodecenlle.com | |
|
|
|
|
Notas: |
|
Concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca do Ribeiro.
Poboación en 2004: 1.575 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1.601 en 2003)
| Evolución da poboación de: Cenlle - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 4.047 | 5.115 | 5.334 | 2.342 | 1.575 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Xeografía
Situado entre o Río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen mais bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.
Ocupa unha extensión de 2920 Has.
O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:
- Piñeiro (477 m.).
- A Corredoira (489 m.).
- Názara (415 m.).
- Monte de San Breixo e monte de San Trocado.
Bañan ao término pequenos arroios que desembocan nos ríos Arnoia e Miño, que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.
[editar] Vías de comunicación
As principais vías de comunicación son:
- A estrada N-120.
- A autovía Madrid - Vigo.
- 3 estradas locais.
- A liña de ferrocarril Ourense - Vigo.
[editar] Economía
A viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola mais extendida, ocupando o 93,47% das terras labradas. Sendo o concello do ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.
Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.
As variedades cultivadas son as seguintes:
-
- Blancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Blanco, Catalán Blanco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
-
- Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...
Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.
Fora do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias está xerar un pequeno atisbo de florecemento de servizos turísticos.
[editar] Prehistoria
No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse bifaces de cuarcita, con ampla reserva de corteza atopados neste concello.
Outro achádego nunha carballeira deste termo aportou un acocho de 5 ou 6 machados de talón con aneis. Un diles, de dous aneis e mide 244x50 mm, foi regalado ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Don Maximino Alvarez, alcalde que foi de O Carballiño
[editar] Historia
En primeiro lugar compre destacar o testimonio do Bispo Hidacio no seu Cronicón rematao situando ó achádego no río Miño, a 5 millas de Laias, de catro peixes de ouro por parte duns pescadores, que interpreta coma un mal presaxio.
Cenlle sitúase na histórica Terra de Castela, xa coñecida con este nome dende o século IX.
As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o Deán da Catedral de Ourense afora a Abril Eáns varias propiedades, entre as que se atopaba unha seara cerca de A Torre (In Cauto de Ceeli), obrigándose a entregar a mitade do viño e un terzo do centeo que recollera nesa seara.
Outros documentos recollen relacións forais entre as xentes de Cenlle e, principalmente o Cabido da Catedral de Ourense ou o Mosteiro de San Clodio.
Os tres documentos mais antigos conservados están redactados en latín e datan de 1191, 1238 e 1258 (no que tiña que entregar un terzo de tódolos froitos) e os catro seguintes no tempo en galego nos anos 1286, 1289 e 1421 (nel obrigábase a entregar unha cuarta parte de tódolos froitos e un quinto do viño).
En xullo de 1836 os seus veciños, xunto cos de Regadas acuden na axuda da parroquia de Beade repelendo o ataque das tropas carlistas dirixidas por Guillade e Pobadura.
[editar] Patrimonio histórico e artístico
Moitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación:
Igrexas:
-
- Igrexa de San Miguel de Osmo, de orixe románico e modificacións renacentistas do século XVI. Conserva interesantes pinturas manieristas no seu interior.
-
- Igrexa de San Xoán de Sadurnín, de fábrica románica, conserva a fachada principal e numerosos canzorros.
-
- Igrexa de Santa Mariña de Esposende, de fábrica románica.
-
- Igrexa de Santiago de Trasariz, que conserva unha ara romana.
Pazos:
-
- Pazo de Rioboó. alonxado e interesante exemplo do barroco compostelán.
- Casa dos Toubes.
- Pazo de Lentille.
- Pazo de Saa.
- Pazo de Sadurnín.
Cruceiros:
-
- Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
- Cruceiro de San Miguel de Osmo.
- Cruceiro de San Lourenzo da Pena.
Petos de ánimas:
-
- Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.
Castros:
-
- Castro de Areas, na parroquia de Esposende.
- Castro da Pena, na parroquia de Santa María de Cenlle.
Outros:
-
- Xacemento de explotación aurífera galaico-romano de Laias
[editar] Persoeiros de Cenlle
- Eulogio Gómez Franqueira, empresario e político (1917-1988)
- Clodio González Pérez, escritor e xornalista (n. 1947)
- Xosé Lois González Vázquez, enxeñeiro de telecomunicacións e humorista gráfico, creador do Carrabouxo (n. 1949)
[editar] Lugares de Cenlle
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cenlle vexa: Lugares de Cenlle.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cenlle
|
Peto de ánimas en Santa María de Cenlle |
Capela da Virxe do Socorro en Osmo |
Cruceiro de ánimas en Santa María de Cenlle |
|
|
Táboa da Epifanía da Predela de San Miguel (Igrexa de Osmo) |
Fachada principal da Igrexa de San Xoán de Sadurnín |
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||

