Celso Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Celso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1958) é un escritor e sociolingüista galego.

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barcelona, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA).

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central de Barcelona. Doutor en Filoloxía Hispánica, a súa tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi presentada na UC Berkeley. É master en Lingua e Literatura Españolas pola State University of New York en Buffalo. Actualmente é profesor de Linguística xeral na Universidade da Coruña.

É autor de múltiples artigos académicos relacionados coa sociolingüística. Xestiona a páxina Versão Original e a revista çopyright de pensamento crítica e intervención. Tamén é colaborador de Vieiros.

[editar] Obra

  • Os distantes (1995), poesía.
  • Escolma de familia. Cen anos de poesía (2000).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas