Camiño de Santiago

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Patrimonio Mundial da UNESCO
Camiño de Santiago
O Camiño de Santiago
Información
Inscrición: 1993
Localización: Europa
Criterios: (ii) (iv) (vi)
Descrición UNESCO: fr en

O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos (presumiblemente) do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II.

Índice

[editar] Vías

O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento:

Cuncha de Santiago
Cuncha de Santiago

[editar] Historia

Santiago apóstolo
Santiago apóstolo

O culto a Santiago esténdese por Galicia e Asturias. Tras a peregrinación do rei Afonso II ao sartego do apóstolo, o rei mandou construír unha igrexa e estableceu unha comunidade relixiosa permanente. Afonso III peregrinou no 872 e voltou no 874 coa raíña Ximena, ordenou edificar unha nova basílica, que consagraron no ano 899 e é no seu reinado cando a peregrinación cara Compostela chega ata os Pireneos. No século X comezou a desenvolverse o camiño francés, coa chegada de peregrinos de Tours, Limoges e Le Puy, e mesmo a mediados do século chega en peregrinación o bispo de Le Puy, Gotescalco, un dos primeiros peregrinos de nome coñecido.

A comezos do século XI, Sancho III O Maior fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pirineos e Náxera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana que substituíu o percorrido anterior que percorría Álava. Tamén a el se lle debe a influencia cluniaciense por todo o camiño.

Afonso VI de León e Castela e Sancho Ramírez de Navarra, tamén no século XI, dotaron de infraestruturas as vilas polas que pasaba o camiño: construción de hospitais para os peregrinos, pontes, melloras no trazado viario, e favoreceu as repoboacións das cidades do camiño, en especial con francos e eximindo do pago dalgúns portádegos aos peregrinos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais