Boris Pasternak

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Borís Leonídovich Pasternak (Moscova 10 de febreiro 1890 - 31 de maio 1960). Poeta e novelista ruso.

Borís Pasternak
Borís Pasternak

En occidente Pasternak é coñecido pola súa monumental novela tráxica ambientada na Rusia Soviética Doutor Zhivago, publicada por primeira vez en Italia en 1957. Tamén, A vida, a miña irmá (1917) é unha das súas grandes obras poéticas, área da literatura na que tamén se destacou. É un dos catro poetas que emerxeron nos anos de goberno de Stalin. Os outros tres membros deste cuarteto son Anna Akhmátova, Maria Tsvetaieva e Osip Mandelstam.

Era fillo do famoso pintor xudeu, Leonid Pasternak, profesor na escola de pintura de Moscova. O seu pai converteuse do xudaísmo ao cristianismo ortodoxo. A nai de Borís, Rosa Kaufman tamén de orixe xudeu, era unha famosa concertista de piano. Pasternak medrou nunha atmosfera cosmopolita: na súa casa desfilaban artistas da talla de Sergei Rachmaninov, Lev Tolstoi ou Rainier Maria Rilke.

A conversión do seu pai tivo un gran impacto no mozo Borís. Moitos dos seus poemas teñen temas cristiáns. Estudou filosofía na Universidade de Marburg, en Alemaña, xunto a Hermann Cohen e Nicolai Hartmann. Con todo, decidiu renunciar á filosofía como profesión. Regresou a Moscova en 1914 e publicou a súa primeira colección de poemas ese mesmo ano.

Durante a Primeira Guerra Mundial traballou nunha fábrica de produtos químicos nos Urais; seguramente aquí atopou material que logo utilizaría na súa novela Doutor Zhivago. A revolución de 1917 significou o inicio da fama de Pasternak como poeta.

Perdeu a protección das autoridades soviéticas na década dos 30; acusóuselle de subxetividade aínda que conseguiu escapar dos gulags. A partires de entón, gañou a vida traducindo aos clásicos.

A publicación de Doutor Zhivago, moi crítica co réxime comunista, levoulle a ser perseguido polas autoridades ata o día da súa morte. A novela non se publicou na Unión Soviética ata o ano 1987.

Museo de Borís Pasternak
Museo de Borís Pasternak

[editar] O Premio Nobel

Pasternak gañou o Premio Nobel en 1958, logo de que Doutor Zhivago fose publicada en ruso. Con isto, cumpría a condición para recibir o premio. Con todo, nunha publicación recente da revista Time, o escritor ruso Ivan Tolstoi describiu no seu libro, The Laundered Novel, o xeito en que Pasternak conseguiu o premio.

A súa investigación, que durou 16 anos, revela que a CIA tivo algo que ver coa premiación. Segundo Tolstoi, a CIA e a Intelixencia Británica decatáronse de que o manuscrito da novela estaría en certo avión, certo día de 1958. Desviaron o avión cara a Malta, detivérono alí, e fotografaron folla por folla o manuscrito para logo devolvelo sen que ninguén se dese conta.

Días despois, transcribiron o material e editárono utilizando papel ruso e tipografías típicas das edicións soviéticas. Logo encargáronse de facerlles chegar algúns exemplares aos membros da Academia Sueca, e ese mesmo ano Pasternak logrou o premio Nobel.

O resto da historia é máis coñecida: Pasternak enviou unha carta de agradecemento, contando o "agradecido" e "sorprendido" que estaba. Días despois, baixo unha intensa presión do goberno soviético debeu envíar outra carta: "Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me entregou. Por favor non tomen isto a mal". Ameazado con ser expulsado de Rusia, e presionado polo KGB, Pasternak morreu en 1960.

En 1958, o caricaturista Bill Mauldin gañou o Premio Pulitzer pola caricatura que mostra a un suposto Pasternak facendo traballos forzados en Siberia e dicíndolle a outro prisioneiro: "Eu gañei un Premio Nobel, Cal é o teu crime?". [1]

Só en 1989, o seu fillo Yevgueny foi autorizado para recibir o premio en nome do seu pai.

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao Kremlin, quen prohibira a publicación do texto.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

A alameda de tilos e outros poemasEn Maneiras de Ben Soñar, revista de literatura e cultura da palabra.]]

Ferramentas persoais