Antía Otero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Antía Otero Rodríguez é unha poeta e actriz nada na Estrada en 1982. Licenciada en Historia da Arte na especialidade de Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade exerce de vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), faceta que compaxina coa súa formación como actriz na Escola de teatro e danza "Espazo Aberto" en Santiago de Compostela. Como poeta, ademais de ter participado en numerosas obras colectivas, é autora da obra O Son da xordeira (2003, Espiral Maior). Como actriz, participa actualmente na serie da Galega Os Atlánticos, no papel de Silvia.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais