Andrés Torres Queiruga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño en 1940, é un teólogo e escritor galego.

Realizou estudos no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade de Comillas, pasou dous anos en Roma realizando a súa tese. Profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico compostelá e de Filosofía da Relixión na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, foi un dos fundadores e director da revista Encrucillada.

[editar] Obras

Estas son as súas principais obras[1]:

  • Teoloxía e sociedade, Vigo, 1974
  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, Madrid, 1977
  • Recupera-la salvación, Vigo, 1977
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, Vigo, 1981
  • A revelación como maieútica histórica, Vigo, 1984
  • Rolda de ideas, 1984
  • A revelación de Deus na realización do home, Vigo, 1985
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, Vigo, 1986
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, A Coruña, 1990
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, Vigo, 1996
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, Santander, 2000
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, Vigo, 2002
  • Para unha filosofía da saudade, Ourense, 2003

[editar] Notas

  1. As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da biografía que aparece en Vieiros
Ferramentas persoais