Alfonso Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 23 de outubro de 1952) é un escritor galego.

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego), fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Actualmente é profesor en Panxón (Nigrán).

Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa ten recibido múltiples premios como o Premio de Novela "Café de Catro a Catro" (1988), "Xerais" de Novela (1990), "Galaico-Leonés de Relatos" (1990), "Álvaro Cunqueiro de Narrativa" (1993), "Manuel García Barros" de novela (1996), "Modesto R. Figueirido" (1997) e "Manuel Murguía de Narrativa Breve" (1998).

Tamén é colaborador habitual na prensa, especialmente en Faro de Vigo e A Nosa Terra

Índice

[editar] Obra

[editar] Novela

[editar] Relatos

  • O eco de Ramallón (1992).
  • Xente de mala morte (1994).
  • Catapulta (1995).
  • Contos mamíferos, (1998).
  • Tecendo panos (2000).

[editar] Poesía

  • Na flor do vento (1999).

[editar] Ensaio

  • Xosé Mª Álvarez Blázquez (1994).
  • X. M. Álvarez Blázquez, 1915-1985: unha fotobiografía (2008).

[editar] Traducións

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas