Agrarismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O agrarismo ou o movemento agrarista é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento, os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.

En 1912 fúndase Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez, o abade da freguesía ourensá de Beiro. Acción Gallega pretendía eliminar tanto o caciquismo como os contratos forais, que deixaban os campesiños con moi poucos beneficios (nos mellores casos). En 1916 esta organización veuse implicada en desorde pública e foise desmembrando.

O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos anos vinte existisen máis de mil sociedades agrarias, e durante a República diversificouse ideoloxicamente desaparecendo ao estalar a Guerra Civil española.

Tanto Antonio Noriega Varela como Ramón Cabanillas foron escritores comprometidos co mevemento agrarista.


Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
Ferramentas persoais
Outras linguas