Associaçom Galega da Língua

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende AGAL)
Logotipo da AGAL
Logotipo da AGAL

A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. No ano 2007 conta con 474 asociados.

A AGAL busca e incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.

Dende 1995 edita trimestralmente a revista Agália e mantén as coleccións de libros Universália e Criaçom. O seu presidente dende o 2001 ata 2007 foi Bernardo Penabade e desde xuño de 2007 é Alexandre Banhos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais