4 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
| 2008 |
||||||
O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.
3 de outubro < 4 de outubro < 5 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 610 - Heraclio chega por barco dende África a Constantinopla, derrota o emperador bizantino Focas e coróase novo emperador.
- 1476 - Tratado de Tudela polo que Fernando o Católico intervén en Navarra.
- 1511 - Fernando o Católico únese cos Estados Pontificios e con Venecia na chamada Liga Santa para frear a crecente hexemonía francesa na Italia.
- 1535 - Os colonizadores españois fundan a cidade de Sincelejo (Colombia).
- - María Tudor, filla de Henrique VIII e de Catarina de Aragón, é coroada raíña de Inglaterra.
- 1582 - Roma: O papa boloñés Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na sustitución do calendario xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia, a noite do xoves 4 de outubro de 1582 deu paso o venres 15 de outubro.
- 1766 - O navegante francés Louis Antoine Bougainville accede a deixar as illas Malvinas ao mando da Capitanía Xeneral de Bos Aires tras aceptar de España unha forte suma de diñeiro.
- 1824 - México independízase de España e fúndase a República de México.
- 1830 - Independencia de Bélxica, despois da separación dos Países Baixos.
- 1883 - Primeiro percorrido do tren Expreso do Oriente.
- 1890 - Robert Koch recomenda a tuberculina como vacina tralo experimento que demostra que unha segunda infección de tuberculose non ten ningún efecto en animais que xa estaban infectados pola enfermidade.
- 1895 - Celébrase o primeiro Open dos Estados Unidos de Golf, en Rhode Island.
- 1905 - Os irmáns Wright realizan en Dayton un voo de máis de media hora de duración.
- 1910 - O aviador francés Tabuteao realiza un percorrido en biplano dende San Sebastián a Baiona.
- - Portugal proclama a república e o rei Manuel II fuxe a Bretaña.
- 1918 - Abdicación do zar Fernando I de Bulgaria a favor do seu fillo Boris I.
- 1921 - A Sociedade de Nacións rexeita acudir na axuda de Rusia e atribúe a fame que azouta ese país a súa dirección política.
- 1934 - Constituese un goberno presidido por Lerroux, con membros da CEDA. Como protesta, os socialistas chaman á folga xeral, que se converteu na chamada "revolución de Asturias", na que morreron 1.335 persoas.
- 1945 - II Guerra Mundial: O xeneral MacArthur, comandante supremo das forzas estadounidenses en Xapón, proclama a lei de liberdades civís nese país.
- 1956 - Inaugúrase a base naval hispano-estadounidense de Rota.
- 1957 - Os rusos colocan en órbita o primeiro obxecto artificial da historia: o Sputnik I. Un mes máis tarde lanzan o Sputnik II, cun ser vivo a bordo: a cadela Laika.
- 1958 - O primeiro servizo transatlántico con pasaxeiros é inaugurado por British Airways entre Londres e Nova York.
- 1959 - A sonda lunar Lunik III tira, durante o seu voo arredor da Lúa, as primeiras fotografías da súa cara oculta.
- 1960 - EEUU lanza o espazo o "Courier IB", primeiro satélite activo de telecomunicacions.
- 1963 - A estrea en España da película estadounidense "Con faldras e ao tolo", protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon, colleita un grande éxito.
- 1966 - Proclamación da independencia de Lesotho, antigo Basutoland, que permanece na Commonwealth.
- 1968 - O No-Do convértese na revista cinematográfica; a partir de agora o noticiario será renovado e constará, fundamentalmente, de tres partes: noticias breves, grandes reportaxes e páxinas en cor.
- 1971 - O Lunokhod I, da URSS, finaliza súa actividade investigadora na Lua, o esgotárselle, ó cabo de dez meses, a fonte de enerxía que levaba.
- 1979 - España ratifica o Convenio de Dereitos Humanos.
- 1981 - Ali Jamenei, elexido presidente de Irán en sustitución de Muhammad Ali Rajai.
- - Celébrase en Hamburgo o "Día da Saúde", organizado pola Asemblea da Saúde de Berlín.
- 1987 - Michel Prufer bate o récord mundial de velocidade en esquí, a quilómetro lanzado, con 217,68 km/h. celebrado en Chile.
- 1988 - Amnistía Internacional revela nun informe o lamentable panorama mundial dos dereitos humanos os 40 anos da Declaración Universal.
- 1991 - Os delegados de 30 países firman en Madrid o acordo polo que se designa á Antártida "reserva natural para a paz e a ciencia" e prohíbese a explotación minera durante 50 anos.
- 1997 - A Infanta Cristina de Borbón, segunda filla dos reis de España, e o deportista Iñaki Urdangarín casan na catedral de Barcelona.
- 2002 - Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira [[Philip Morris]] a pagar 28.000 millóns de dólares a unha muller enferma de cancro de pulmón.
[editar] Nacementos
- 1462: - Francisco Roldán Jiménez, expedicionario e navegante español
- 1472: - Lucas Cranach, pintor aleman
- 1550: - Carlos IX, rei de Suecia
- 1607: - Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español
- 1720: - Giovanni Battista Piranesi, artista e gravador italiano
- 1787: - François Guizot, político e historiador francés
- 1814: - Jean-François Millet, pintor francés
- 1822: - Rutherford Birchard Hayes, político e avogado estadounidense
- 1841: - Prudente de Morais, presidente do Brasil (m.1902)
- 1853: - Armando Palacio Valdés, escritor español
- 1858: - Michael Pupin, fisico e inventos estadounidense de orixe hungara, pioneiro do teléfono, Premio Pulitzer 1924
- 1861: - Frederich Remington, escultor e pintor estadounidense
- 1868: - Marcelo Torcuato de Alvear, presidente da Arxentina (m.1942)
- 1878: - Doroteo Arango, "Pancho Villa", caudillo popular mexicano
- 1880: - Juan March Ordinas, empresario e fiñanceiro español
- - Damon Runyon, escritor americano
- 1881: - Walther von Brauchitsch, militar alemán
- 1889: - Francisco Madrid e Villatoro, matador de touros español
- 1891: - Henri Gaudier-Brzeska, escultor francés, pioneiro da escultura moderna
- 1895: - Buster Keaton, cineasta e actor cómico estadounidense (m.1966)
- 1903: - John Vincent Atanasoff, pioneiro da computadora americano
- 1903: - Ernst Kaltenbrunner, funcionario militar alemán (m.1946)
- 1912: - Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo, arquitecto español
- 1916: - Vitaly Ginzburg, físico ruso, Premio Nobel de Física
- 1917: - Violeta Parra, cantante e folklorista chilena
- - Jan Murray, cómico americano
- 1918: - Kenichi Fukui, químico xaponés, Premio Nobel de Química (m.1998)
- 1923: - Charlton Heston, actor estadounidense (m.2008)
- 1926: - Miguel Espinosa Gironés, escritor español
- 1928: - Alvin Toffler, escritor americano de novela cientifica
- 1931: - Richard Rorty, filósofo estadounidense
- 1937: - Franz Vranitzky, ex canciller austríaco
- 1938: - Kurt Wüthrich, químico suízo, Premio Nobel
- 1941: - Jackie Collins, novelista britanica
- 1941: - Anne Rice, escritora de novela fastastica americana
- 1943: - H. Rap Brown (Jamil Al-Amin), activista de dereito civis
- 1944: - Rocío Dúrcal, cantante e actriz española
- 1946: - Susan Sarandon, actriz estadounidense
- 1947: - Ann Widdecombe, membro do Parlamento británico
- 1949: - Mariano Barbacid, investigador bioquímico español
- - Armand Assante, actor estadounidense
- 1950: - Francisco Araiza, tenor mexicano
- 1953: - Tchéky Karyo, actor francés
- 1955: - Jorge Alberto Valdano, futbolista hispano-arxentino
- 1959: - Chris Lowe, músico britanico, compoñente o grupo “Pet Shop Boys”
- 1959: - Tony Meo, xogador inglés do billar ruso (snooker)
- 1962: - Jon Secada, cantante cubano
- 1963: - A.C. Green, estrela do baloncesto
- 1967: - Liev Schreiber, actor estadounidense
- 1967: - Marcus Bentley, actor de dobraxe británico
- 1976: - Alicia Silverstone, actriz americana
- 1979: - Rachael Leigh Cook, actriz estadounidense
[editar] Mortes
- 1072: - Sancho II, rei de Castela e León
- 1160: - Constanza de Castela, raíña de Castela
- 1226: - Francisco de Asís, santo católico italiano
- 1582: - Teresa de Cepeda y Ahumada “Santa Teresa de Jesús”, relixiosa española
- 1669: - Harmenszoon van Rijn Rembrandt, pintor holandés
- 1821: - John Rennie, enxeñeiro escoces
- 1851: - Manuel Godoy, político español, valido de Carlos IV
- 1880: - Jacques Offenbach, compositor alemán
- 1904: - Frédéric Bartholdi, escultor da Estatua da Liberdade, francés
- 1946: - Barney Oldfield, pioneiro americano do automovilísmo
- 1970: - Janis Joplin, cantante estadounidense (n.1943)
- 1982: - Glenn Gould, pianista canadiense
- 1989: - Graham Chapman, cómico británico
- 1992: - Dennis Hulme, automobilista neozelandés
- 1997: - Gunpei Yokoi, deseñador e modisto xaponés
- 1998: - Jean-Pascal Delamuraz, ex presidente suizo
- 1999: - Mariano Rubio Jiménez, político español, gobernador do Banco de España
- - Bernard Buffet, pintor francés.
- 2000: - Violeta Friedman, escritora venezolana de orixe húngara
- - Michael Smith, físico estadounidense, Premio Nobel de Química 1993
- 2002: - André Delvaux, cineasta belga
[editar] Santoral
- San Francisco de Asís (fundador dos franciscanos, patrón dos ecoloxistas e dos belenistas). Marco, Tiso, Crispín, Marciano, Queremón, Acepsimas, León, Isidoro, Quintin, Tirso e Bonifacio (Martires); Xoaquín, Lucio e Petronio (Bispos); Crispo, Marcos e Caio (Confesores); Paulo "O monxe" (Beato); Diego Luis de Sanvitores (Martir). Calendario Romano: Theseia. Ceres.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

