30 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Set- Outubro -Nov | ||||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
| 2008 |
||||||
O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.
29 de outubro < 30 de outubro < 31 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1340 - Os reis de Castela e Portugal únense na batalla do Salado contra os mouros benimeríns, aos que derrotan.
- 1793 - Revolución francesa: un decreto da Convención montañesa prohíbe todas as sociedades populares de mulleres.
- 1794 - Revolución francesa: a Convención Nacional crea a Escola normal superior.
- 1817 - Creación dun goberno independentista en Venezuela por Simón Bolívar.
- 1938 - Orson Welles adapta a novela A guerra dos mundos de H. G. Wells à radio e aterroriza os Estados Unidos.
- 1910 - Fúndase en Barcelona a Confederación Nacional do Traballo.
- 1940 - O marechal Philippe Pétain anuncia a colaboración de Francia con a Alemaña nazi.
[editar] Nacementos
- 1218 - Chukyo, 85º emperador de Xapón.
- 1735 - John Adams, primeiro vicepresidente e segundo presidente dos Estados Unidos (m. 1826).
- 1821 - Fiodor Dostoievski, escritor ruso (m. 1881)
- 1839 - Alfred Sisley, pintor francés (m.1899)
- 1871 - Paul Valéry, filósofo, escritor e poeta simbolista francés (m. 1945).
- 1882 - Günther von Kluge, general alemán, teórico e incentivador da Guerra Lóstrego (m. 1944).
- 1885 - Ezra Pound, poeta estado-unidense (m. 1972).
- 1894 - Jean Rostand, biólogo, filósofo e historiador francés (m. 1977).
- 1895 - Gerhard Johannes Paul Domagk, microbiólogo alemán (m. 1964).
- 1895 - Dickinson W. Richards, médico e fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1973)
- 1900 - Ragnar Granit, neurocientista finlandés, Premio Nobel (m.1991)
- 1928 - Daniel Nathans, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1999)
- 1937 - Claude Lelouch, guionista, produtor e realizador de cine francés.
- 1939 - Leland Harrison Hartwell, cientista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
- 1960 - Diego Armando Maradona, ex-futbolista arxentino.
[editar] Mortes
- 1809 - William Cavendish-Bentinck, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1738)
- 1910 - Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella e premio Nobel da Paz en 1901.
- 1918 - Xosé Pérez Ballesteros, folclorista e escritor en galego (n. 1833).
- 1956 - Pío Baroja, novelista español (n. 1872).
- 1975 - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán, Premio Nobel (n.1887)
- 1997 - Samuel Fuller, director de cine estadounidense.
- 1999 - Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego.
- 2002 - Juan Antonio Bardem, cineasta español.
- 2004 - Fernando Chueca Goitia, arquitecto e historiador da arte español.
[editar] Santoral
- San Marciano.
- San Ramón Nonato.
[editar] Festas e celebracións
Día Mundial do Cooperativismo.
[editar] Outros
- Mitoloxía celta: Día de Morrigan, patrona das sacerdotisas e das bruxas.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

