13 de febreiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Xan - Febreiro - Mar | ||||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | ||||
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | ||
| 2008 |
||||||
O 13 de febreiro é o 44º día do ano do Calendario Gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.
12 de febreiro < 13 de febreiro < 14 de febreiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1542 - Brasil: os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas.
- 1668 - Asínase o Tratado de Lisboa, mediante o que España recoñece a independencia de Portugal.
- 1880 - Afonso XII, Rei de España, asina a Lei de abolición da escravitude.
- 1934 - Fusión de Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista nunha soa agrupación patriótica nacional-sindicalista: FE de las JONS.
- 1936 - Estrea en Londres da película "Tempos Modernos", de Charles Chaplin.
- 1944 - A cidade de Rostov liberada da ocupación nazi durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1947 - O Consello de Seguridade de Nacións Unidas acorda a creación dunha Comisión de Desarme Mundial.
- 1960 - Francia explota a súa primeira bomba atómica no deserto de Arxelia.
- 1984 - Konstantín Chernenko elixido novo secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
- 1991 - Iraq: Dúas bombas intelixentes estadounidenses destruen un refuxio antibombas subterráneo, matando a centos de civís iraquíes.
- 2007 - Corea do Norte acorda poñer fin ao seu programa nuclear a cambio de axuda económica e combustible.
[editar] Nacementos
- 1599 - Alexandre VII, Papa.
- 1902 - Johán Carballeira, político e xornalista galego.
- 1903 - Georges Simenon, novelista belga.
- 1910 - William Bradford Shockley, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1956.
- 1933 - Costa-Gavras, director de cine francés de orixe grego.
[editar] Mortes
- 1571 - Benvenuto Cellini, orfebre e escultor italiano.
- 1837 - Mariano José de Larra, escritor español.
- 1883 - Richard Wagner, compositor alemán.
- 1956 - Jan Łukasiewicz, matemático polaco.
- 1958 - Luís Pimentel, poeta galego.
- 2006 - Peter Frederick Strawson, filósofo inglés.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
[editar] Fases da lúa
- 2006 - Lúa chea
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

